La Xunta amplía la red de atención temprana con cinco nuevas unidades

Se concede financiación para la puesta en marcha de nuevos recursos en los concellos de Lugo, Ribadeo, Brión y agrupaciones de Viveiro y Celanova.

A Xunta amplía a rede de atención temperá con cinco novas unidades

Consellería de Política Social (Xunta de Galicia) · 2026-10-30

A Xunta de Galicia amplía a Rede galega de atención temperá coa posta en marcha de cinco novas unidades e a renovación das xa existentes, cun investimento de máis de 17 millóns de euros ata 2028.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da orde de axudas para o mantemento e creación de novas unidades de atención temperá. Trátase dun servizo público gratuíto dirixido a nenas e nenos de ata seis anos, fundamental para previr, detectar e actuar ante problemas de desenvolvemento. A Consellería de Política Social destina máis de 17 millóns de euros entre o que resta de 2026 e as anualidades de 2027 e 2028 a estas achegas, coas que se consolida e se segue a estender a Rede galega de atención temperá.
A través desta convocatoria finánciase a posta en marcha de cinco novos recursos solicitados polos concellos de Ribadeo, Brión e Lugo; así como pola agrupación de concellos formada por Viveiro, O Vicedo e Ourol, e pola constituída polos municipios de Celanova, Ramirás e Verea. Ademais, renóvanse as axudas para dar continuidade ás unidades de atención temperá xa existentes.
Na actualidade, Galicia conta con máis de 50 recursos deste tipo, que dan cobertura a arredor de 200 concellos e atenden a máis de 6.000 menores. Esta liña de axudas está cofinanciada pola Unión Europea (UE) no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Información elaborada a partir de la fuente oficial: Consellería de Política Social (30/10/2026)