A Zona de Baixas Emisións (ZBE), que entrou en vigor en Lugo o pasado 17 de setembro, conta cun período de adaptación de doce meses, ata o 18 de setembro de 2027, durante o cal non se imporán sancións. Este prazo permite que a veciñanza se familiarice co funcionamento da ordenanza, que busca reorganizar o tráfico no ámbito do casco histórico.
A xornada incluirá un espectáculo de humor protagonizado polo cómico galego Miguel Bruneti, gañador de varios concursos de monólogos e cofundador de Disfrutona Comedy Club. O seu show basearase en situacións cotiás e referencias á maneira de moverse e vivir a cidade.
Ademais, haberá un punto informativo de Europe Direct Lugo onde os asistentes poderán coñecer mellor a ZBE, a mobilidade sostible e a contribución dos fondos europeos Next Generation EU á transformación urbana. Tamén se ofrecerá un cuestionario voluntario para recoller opinións e propostas sobre os usos dos espazos públicos recuperados.




