O proxecto, situado na parroquia de Vilamaior, busca combinar a tradición patrimonial coa innovación tecnolóxica. Esta nova apertura pon de relevo a importancia do enoturismo como un dos piares fundamentais para o desenvolvemento económico e a posta en valor dos recursos endóxenos de Galicia.
A viticultura non só actúa como un motor de riqueza para as comarcas, senón que resulta esencial para a xestión sostible do territorio e a prevención de incendios forestais. A Denominación de Orixe Monterrei pechou a pasada vendima cun rexistro histórico de máis de 8 millóns de quilos de uva, o que supón un valor económico superior aos 25 millóns de euros.
Para apoiar este crecemento, o Goberno galego mantén un compromiso activo co sector mediante convocatorias anuais de axudas. Estes fondos, que suman 12 millóns de euros, están destinados a fomentar a modernización, a sustentabilidade e a proxección internacional das adegas e dos consellos reguladores galegos.




