As rúas do barrio engalanáronse con guirnaldas de cores mentres veciños e visitantes se sumaron á ambientación lucindo pantalóns de campá, pelucas, traxes chamativos e grandes gafas de sol, recreando a estética característica da época.
A música comezou a soar a media mañá, acompañando o funcionamento da cantina a cargo da Asociación Cultural San Martiño Pinario, entidade que organiza esta cita que xa acada a súa décimo terceira edición.
“"Esta festa creceu moito"
A xornada, marcada polo bo tempo, tamén contou coa presenza dos tradicionais postos de rosquillas de Bama, completando unha oferta lúdica e cultural para todos os públicos.




