A nova promoción, proposta para adxudicación á empresa Copasa Infraestructura S.L.U., abranguerá máis de 23.000 metros cadrados de superficie construída. O inmoble constará de baixo, 8 alturas e baixo cuberta, e albergará fogares de 1, 2, 3 e 4 dormitorios. A construción integrarase na contorna e no espazo próximo.
Na cidade de Lugo, a administración autonómica ten en marcha máis de 600 vivendas públicas. Delas, 146 xa están en fase de obras no barrio de Garabolos. Ademais, estase a desenvolver solo residencial co PIA do Sagrado Corazón, que permitirá a construción de 1.200 vivendas, cun 80% delas protexidas.
Actualmente, atópanse tamén en proceso de licitación por 29,6 millóns de euros as obras doutras 168 vivendas públicas neste mesmo barrio lucense. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de outubro.




