A iniciativa, organizada polo Concello de Brión, busca ofrecer unha proposta para chegar á capela camiñando, coñecendo o territorio e gozando da música ao longo do percorrido.
O punto de encontro será ás 09:30 h na Igrexa de San Xián de Bastavales. O percorrido, duns 7 quilómetros, inclúe unha visita ao Espazo Colaborativo de Monte Balado.
Ao longo do camiño, a música de Manoele de Felisa acompañará aos participantes en distintos puntos. As actuacións terán lugar ás 10:00 h na Igrexa/Adro de San Xián de Bastavales, ás 11:45 h na Igrexa/Adro de Santa María dos Ánxeles, e ás 13:00 h na Capela/Carballeira de Santa Minia. O acceso ás actuacións será libre ata completar aforo.
A actividade é gratuíta e require inscrición previa ata o 25 de setembro a través da ligazón facilitada polo concello.
Unha proposta para chegar a Santa Minia camiñando, coñecendo o territorio e gozando da música ao longo do percorrido.




