A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, anunciou que xa se están poñendo en contacto cos matrimonios que casaron en 1976 para convidalos a este acto. No caso dos casamentos feitos no municipio, xa están localizados.
Desde Servizos Sociais anímase a que todas as parellas que residen en Poio desde hai anos pero que casaron noutro concello se anoten en Servizos Sociais antes do 20 de novembro para poder sumarse a esta celebración.
Nos días previos á homenaxe, as parellas participarán en xornadas con entrevistas para coñecer a súa historia, lembranzas, anécdotas, descendencias, reflexións e ilusións que se rememorarán durante o acto.




