O proxecto piloto de autobuses gratuítos, valorado en máis de medio millón de euros, busca ofrecer á veciñanza destes tres concellos de reto demográfico da provincia un sistema de transporte público colectivo para desprazarse á capital. A iniciativa, que captou fondos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e se puxo en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia e os concellos implicados, xa rexistrou un total de 3.116 usuarios ata finais de agosto.
A liña que conecta O Campo Lameiro e Moraña con Pontevedra foi utilizada por 2.112 persoas, mentres que a liña de Portas sumou 1.004 viaxeiros. A media de usuarios diarios supera os 35 veciños e veciñas.
O servizo conta con varias expedicións diarias. Desde O Campo Lameiro, con sete paradas, hai tres saídas de ida (08:15, 11:40, 15:10) e tres de volta (07:35, 11:00, 14:30). O autobús tamén pasa por Moraña, con cinco paradas, con horarios de saída cara Pontevedra ás 06:30, 10:00 e 13:30 horas, e de retorno ás 09:05, 12:30 e 16:00 horas.
A liña de Portas, que dispón de 13 paradas, parte cara Pontevedra ás 7:15, 9:30, 11:30 e 13:30 horas. Os servizos de regreso están programados para as 08:15, 10:30, 12:30 e 14:30 horas.




