Os feitos ocorreron o pasado 26 de marzo de 2022. O agora condenado increpou a unha camareira á saída dun bar. Cando outro cliente intentou mediar para evitar a confrontación, recibiu un forte puñetazo na cara que o fixo caer ao chan.
Como consecuencia da agresión, a vítima sufriu diversas contusións e a perda dun incisivo superior. O tribunal considerou acreditada a autoría do delito por parte do investigado tras valorar as probas presentadas.
A sentenza non é firme, xa que pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).




