A mostra, que conta con 40 imaxes, foi presentada polo historiador Enrique Barrera, quen guiou un percorrido comentado polas fotografías. O público tamén puido asistir á proxección dun documental baseado na propia exposición.
A exposición forma parte das Actividades Municipais de Recuperación da Memoria Democrática e busca manter viva a lembranza dos galegos que sufriron o campo de concentración nazi.
A casa da cultura de Valdoviño acollerá a mostra ata o día 29 de outubro. O horario de visita é de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.




