A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao rexistrou un total de 5.296.854 toneladas movidas nos seus muelles entre xaneiro e setembro de 2026, fronte ás 5.129.492 toneladas do mesmo período do ano anterior. Este incremento de 167.362 toneladas supón un crecemento do 3,26%, o que permite manter unha liña positiva nun contexto internacional de incerteza para o transporte marítimo.
O crecemento é especialmente notable nos graneles líquidos, cun incremento do 31,52%. Movivéronse 2.298.296 toneladas entre xaneiro e setembro de 2026, fronte ás 1.747.493 do ano anterior, o que representa un aumento de 550.803 toneladas. O gas natural e o fuel oil foron os principais tráficos neste segmento.
Este aumento nos líquidos axuda a paliar o descenso rexistrado nos graneles sólidos, que baixan un 12,57%, sumando 2.322.455 toneladas. A mercancía xeral tamén experimentou un descenso, alcanzando as 676.102 toneladas fronte ás 725.586 do mesmo período de 2025. As tensións xeopolíticas afectan especialmente a este segmento, incluíndo a mercancía contenerizada, coa terminal de Yilport rexistrando 8.093 TEUs (104.843 toneladas) ata o 30 de setembro.




