A localidade de Valdoviño (A Coruña) acolleu hoxe a primeira sesión formativa dun proxecto que busca coñecer e preservar o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro da zona, con especial atención aos oficios tradicionais, a cultura mariñeira e a memoria oral.
O proxecto, denominado Maris: memoria, arte, rede e inclusión, está organizado pola asociación cultural ASCM e conta cunha achega autonómica de 12.500 euros para tres anualidades (2026-2028), a través das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) e coa colaboración do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.
As xornadas, dirixidas a persoas con e sen discapacidade, terán unha duración de 35 horas e forman parte dunha iniciativa máis ampla que inclúe encontros interxeracionais para recompilar a memoria oral ligada ao mar e a creación dunha obra de teatro inclusiva.
“"O proxecto une dúas cuestións fundamentais: a conservación dunha parte moi importante da nosa historia e da nosa identidade, como é a cultura vinculada ao mar e, pola outra, a inclusión e a participación"
A delegada Martina Aneiros puxo en valor a iniciativa, destacando a importancia de conservar a cultura mariñeira e fomentar a inclusión. Lembrou tamén que a última convocatoria das axudas para as EDLP contou cun orzamento de 10,3 M€ para o período 2026-2027-2028.




