O obxectivo desta iniciativa é achegar o alumnado ao mundo da robótica, a programación e a tecnoloxía dun xeito educativo e divertido. As sesións teranse lugar no propio Concello de Gondomar os sábados, de 11:00 a 12:30 horas.
Ademais, ofreceranse sesións nos seguintes centros educativos: o CEIP Neira Vilas (luns, de 16:30 a 17:30 horas), o CEIP Serra Vincios (martes, de 16:00 a 17:00 horas), o CEIP Chano Piñeiro (martes e xoves, de 16:00 a 17:00 horas) e o CEIP Souto Donas (mércores, de 16:00 a 17:00 horas).
Para inscribirse, é necesario descargar a aplicación Tokapp School no teléfono móbil, rexistrarse e iniciar sesión. Unha vez dentro, hai que acceder ao menú, seleccionar «Extraescolares», premer en «Rexistrarse» e introducir o código do Concello: GONDOMAR. Posteriormente, cubriranse os datos do titor/a e do alumno/a, e completarase a inscrición na actividade a través do apartado «Matrículas».
O pago das cotas mensuais, que ascenden a 7 € ao mes, deberá realizarse entre os días 1 e 5 de cada mes a través da mesma aplicación, no apartado «Recibos». Non se require material específico, xa que o alumnado só necesita achegarse con ganas de aprender.




