Esta axuda, cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, permitirá ao concello facerse cunha miniescavadora e implementos necesarios para actuacións de prevención de lumes forestais.
A resolución foi ditada pola Directora Xeral de Administración Local, ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2026, publicada no DOG nº110 o pasado 15 de xuño.
O proxecto, denominado "Adquisición dunha miniescavadora e implementos para actuacións de prevención de incendios", tivo un custe elexible de 62.337,43 euros, dos cales a subvención FEDER achega 30.000 euros.




