La investigación, que forma parte dunha tese de doutoramento, analizó a presenza de quinesiofobia, o medo á actividade física, en persoas con colite ulcerosa. Os resultados mostran que estes pacientes presentan niveis significativamente máis elevados deste medo en comparación con persoas sans.
Preto da metade dos pacientes estudados (49,1 %) manifestou niveis moderados ou graves de medo ao movemento, fronte ao 30,2 % do grupo control. Isto evidencia a importancia desta variable na enfermidade inflamatoria intestinal crónica.
Síntomas como a dor abdominal, a fatiga ou a urxencia defecatoria poden levar á evitación da actividade física, o que á súa vez pode diminuír a mobilidade, afectar a condición física e xerar complicacións musculoesqueléticas.
O traballo subliña a necesidade de detectar a quinesiofobia temperánmente para deseñar intervencións multidisciplinares que promovan a actividade física segura e melloren a calidade de vida dos afectados.
Este estudo é unha das primeiras investigacións que aborda especificamente a relación entre a colite ulcerosa e a quinesiofobia, reforzando a proxección científica internacional da investigación desenvolvida no seo do GISAP.




