O sinistro tivo lugar á altura do quilómetro 664 da mencionada vía, arredor das 20.00 horas do martes. O 112 Galicia recibiu a alerta do suceso a través do sistema automático de chamada de emerxencia (eCall) dun dos vehículos implicados, ademais de varias chamadas de particulares solicitando asistencia médica.
Ante a situación, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activou un amplo dispositivo. Nel participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Betanzos, o GES de Curtis, a Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil da localidade.
Os equipos de emerxencia atenderon no lugar do accidente ás catro vítimas, que posteriormente foron trasladadas a un centro hospitalario de referencia. O incidente provocou o corte dun dos carrís da estrada nacional, aínda que a circulación foi restablecida pouco despois sen que se rexistrasen retencións significativas.




