As actuacións incluíron a mellora da envolvente térmica con illamento exterior (SATE), a renovación de carpintarías e acristalamentos, a substitución da calefacción por aerotermia, a instalación dun sistema de ventilación con recuperación de calor e a mellora da iluminación con equipos de maior eficiencia.
Esta intervención enmárcase no programa de axudas PR486D para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas municipais.
A financiamento desta actuación provén nun 80% do gasto subvencionable, repartido nun 60% con fondos da Unión Europea (Galicia FEDER 2021-2027) e un 20% con fondos propios da Xunta de Galicia. O 20% restante é achegado polo Concello de Coirós.




