A proba ciclista, que busca fomentar o deporte e o contacto coa contorna natural, contará con dous trazados adaptados a diferentes condicións físicas: unha ruta longa de 45 quilómetros e unha ruta curta de 25 quilómetros. Ambas as saídas realizaranse conxuntamente ás 9:30 horas desde a Alameda, xunto ao Boi de Pedra.
As inscricións xa están abertas e poden tramitarse a través da web Sportmaniacs ou da app Saudeter. A organización habilitou dúas quendas para a recollida de dorsais: o sábado, 3 de outubro, na Piscina Municipal (Complexo Vilanova), de 9:00 a 13:00 horas, e o propio domingo, 4 de outubro, na zona de saída (Alameda), de 8:00 a 9:00 horas. Para retirar o dorsal será imprescindible presentar o DNI ou xustificante de inscrición.
A xornada deportiva, organizada polo Concello xunto cos clubs Asocial e CC Allariz, conta coa colaboración da Deputación de Ourense, Deporte Galego, Apersa e Atmósfera Sport Allariz, ademais do apoio da agrupación de Protección Civil.




