A competición reunirá na capital galega máis de 900 ximnastas procedentes de 69 clubs e seis nacionalidades distintas, segundo informou hoxe a Axencia de Turismo de Galicia.
O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, destacou durante a presentación o compromiso da organización co impulso de eventos deportivos que contribúan á promoción de Galicia e á dinamización do territorio, achegando ademais propostas de calidade á cidadanía.
“"O deporte terá un papel protagonista na programación especial que estamos a preparar para o Ano Santo, con citas nacionais e internacionais de primeiro nivel."
Con este apoio, o Xacobeo reafirma a súa aposta polo deporte como ferramenta para a promoción turística e a dinamización territorial, así como para a difusión dos valores de esforzo, convivencia e solidariedade no camiño cara ao próximo Ano Santo.




