A iniciativa, enmarcada na campaña Conscientes, busca fomentar a responsabilidade ambiental e a correcta xestión de obxectos que non caben nos colectores habituais. O servizo permitirá depositar mobles, electrodomésticos, aparellos informáticos e electrónicos, así como restos de pequenas obras domiciliarias e outros materiais como macetas ou podas. Quedan excluídos os residuos explosivos e sanitarios.
O acceso a estas instalacións é exclusivo para residentes empadroados no municipio, que deberán acreditar a súa condición mediante o DNI. As empresas, pola súa banda, deberán xestionar os seus residuos a través de xestores autorizados e non poderán utilizar este servizo.
“"A posta en marcha deste Punto Limpo é un paso máis no noso compromiso cun Soutomaior máis sostible. Queremos ofrecer á veciñanza recursos e ferramentas que faciliten a adopción de hábitos responsables e que nos permitan avanzar cara a un modelo máis respectuoso coa nosa contorna."
O alcalde, Manu Lourenzo, subliñou a importancia de impulsar iniciativas que promovan a implicación cidadá no coidado do medio ambiente. O Punto Limpo da Montesiña operará de luns a venres, entre as 9:00 e as 13:00 horas. Para máis información, pódese contactar co teléfono 986 67 80 46.
Esta actuación forma parte da estratexia municipal Conscientes e Medra en Verde, coas que o Concello busca mellorar a eficiencia na xestión de residuos, diminuír o impacto ambiental e fomentar a colaboración veciñal para un municipio máis limpo e sostible.




