O obxectivo da misión, promovida pola ONG Solidariedade Galega e financiada polo Concello de Oleiros con 18.884 euros, foi mellorar o acceso a atención médica especializada en comunidades rurais e indíxenas con escasos recursos en Chiapas.
Durante a súa estancia, o persoal sanitario atendeu a 561 persoas en consultas de anestesioloxía, cirurxía xeral, xinecoloxía, oftalmoloxía e pediatría. Ademais, realizaron un total de 125 intervencións cirúrxicas, entregaron 198 lentes e formaron a 9 profesionais locais en coordinación co persoal do Hospital San Carlos de Altamirano.
A iniciativa busca paliar as dificultades de acceso a servizos sanitarios básicos nas zonas illadas e con poucos recursos, onde a falta de profesionais médicos é un problema persistente.




