O programa Talento Xoven 2026 está deseñado para mozos e mozas de entre 16 e 29 anos inscritos no programa de Garantía Xuvenil. Esta iniciativa gratuíta busca acompañalos no seu desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a súa incorporación ao mercado laboral a través de formación en contidos de alta demanda.
Pola súa banda, o programa Talento45+ está enfocado a persoas desempregadas de entre 45 e 60 anos. Este colectivo enfróntase a barreiras xeracionais de acceso ao emprego, polo que se deseñou un plan de acción específico para eles.
Dende o Concello de Gondomar subliñan a importancia de sumar esforzos para que estas oportunidades cheguen a todas as persoas que desexen actualizar os seus coñecementos dixitais e profesionais.
As persoas interesadas en inscribirse nestes programas poderán facelo chamando aos teléfonos ou a través do correo electrónico que se detallan nos carteis informativos.




