A saturación de espazo no Hospital de Día Oncohematolóxico do Cunqueiro obrigou a que pacientes oncolóxicos da área sanitaria de Vigo non puidesen recibir este luns o seu tratamento de quimioterapia, tendo que volver aos seus domicilios. Esta situación está a piques de resolverse coa construción dun novo Hospital de Día Médico nas dependencias do complexo hospitalario vigués.
A nova infraestrutura permitirá aliviar a carga de traballo do Hospital de Día Oncohematolóxico, que se centrará nos pacientes desta especialidade. O Hospital de Día Médico acollerá pacientes de dixestivo, medicina interna, pneumoloxía ou neurología, liberando así espazo para a oncología.
O Hospital de Día Oncohematolóxico xestiona anualmente preto de 40.000 tratamentos, dos cales case 33.000 corresponden a pacientes oncolóxicos. O resto son pacientes doutras patoloxías que pronto serán trasladados á nova infraestrutura.
A apertura do Hospital de Día Médico, prevista inicialmente para finais do ano pasado, sufriu atrasos e aínda non ten data confirmada de posta en funcionamento, segundo fontes da dirección da área sanitaria. Paralelamente, o Sergas mellorou o confort nas salas de espera do Hospital de Día Oncohematolóxico e contratou persoal farmacéutico para preparar tratamentos pola tarde e axilizar a atención.
As novas dependencias dispoñen de máis de 400 metros cadrados, con nove boxes individuais, dúas salas de tratamento con dez sillóns cada unha, tres consultas (dúas médicas e unha de enfermería) e unha sala de espera para os pacientes.




