A actuación, enmarcada no Plan Hurbe da Xunta, busca mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a calidade urbana deste espazo escolar. As intervencións previstas inclúen a execución dunha senda e beirarrúas, a pavimentación de firmes e a habilitación dun novo aparcadoiro para autobuses e vehículos lixeiros. Tamén se prevé a instalación de novo alumeado público, mobiliario urbano e a rede de pluviais.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou o anuncio desta licitación, cun prazo de presentación de ofertas que remata o vindeiro 5 de outubro. O prazo de execución das obras será de 6 meses.
Estas obras danse ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que achegará o 70% do orzamento, e o Concello da Laracha, responsable do 30% restante.
Ademais, o departamento que dirixe M. Allegue colabora co Concello na mellora desta contorna a través dun préstamo sen xuros de preto de 115.000 euros do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.




