A Axencia Galega de Infraestruturas deu a coñecer a recepción de 15 propostas empresariais para a construción deste novo viario, que discorrerá polos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas, beneficiando a unha poboación de 110.609 habitantes.
A estrada, cunha lonxitude de 1,5 quilómetros, partirá da glorieta na que conflúen as estradas OU-105 e OU-510 en Bemposta e finalizará na nova glorieta de conexión coa N-525 e coa autovía A-52.
O proxecto inclúe a construción de diversas estruturas, como un viaduto de 80 metros sobre o Río Barbaña, un paso inferior para o cruce coa liña ADIF existente e un paso superior para o acceso á EDAR San Cibrao.
Esta actuación prevé reducir significativamente o tempo de percorrido ata a A-52, pasando dos actuais 7 minutos e 4,6 km entre Bemposta e a N-525 a pouco máis dun minuto e 1,7 km.
Os traballos, que terán un prazo de execución de 30 meses, buscan completar o viario de circunvalación perimetral da cidade de Ourense, sacando tráfico do centro e mellorando a seguridade viaria.
O tramo contará con dous carrís por sentido de 3,5 metros e beiravías de 1,50 metros, ademais dun carril adicional nalgunhas zonas de maior pendente.




