A competición europea de vela viviu unha xornada de condicións moi esixentes, con refachos de vento de máis de 25 nós que provocaron numerosas volcadas e retiradas na frota, especialmente nos skiff.
No medio deste caos, a tripulación do RCN Vigo, formada por Martín e Jaime Wizner, destacou como os mellores españois do día na clase 49er. Os actuais campións continentais completaron catro mangas moi sólidas, con parciais de 4-6-(13)-4, o que os sitúa na décimo cuarta posición da xeral.
Outra tripulación con representación viguesa, Pati Suárez (RCN Vigo) e Melania Henke (RCN Palma), tivo que retirarse na primeira manga e non puido disputar a segunda. A pesar diso, a parella galego-balear logrou regresar ao campo de regatas na terceira manga, finalizando na vigésima posición.




