A iniciativa, organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) coa colaboración do Concello do Porriño, busca dinamizar a economía local e ofrecer á veciñanza e visitantes unha ampla variedade de produtos con descontos e condicións especiais.
Durante as dúas xornadas, os establecementos participantes trasladarán a súa oferta á rúa en horario continuo de 10:00 a 21:00 horas, creando un espazo aberto e dinámico ao longo da rúa peonil para fomentar o consumo e o apoio ao comercio do municipio.
“"Dinamizar o comercio local é dinamizar a vila"
A feira conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da súa liña de apoio ao comercio galego. "Merca na Rúa" consolídase como unha cita importante no calendario comercial porriñés, promovendo a actividade económica do centro urbano.




