O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, xunto coa concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, e o concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce, recibiron esta mañá á deportista Iria Ludeña. Ludeña representará a España no vindeiro Mundial de Dragón Boat, que se celebrará na cidade chinesa de Hangzhou, entre o 30 de setembro e o 3 de outubro.
A embarcación, conformada por unha tripulación combinada de varios clubs nacionais, entre eles o Club Kayak Tudense, do que forma parte Ludeña, alzouse campiona nas dúas distancias disputadas: 200 e 500 metros. Este triunfo outorgoulles a única praza para disputar o campionato mundial representando a España.
Os edís recibiron á palista no Concello de Baiona e fixeronlle entrega dun agasallo como felicitación pola súa vitoria e para que o leve consigo ao mundial. Tamén aproveitaron a ocasión para recoñecer os seus innumerables éxitos deportivos.




