O rexedor baionés compartiu unha xornada de conversa cos asistentes, nun evento que pon de manifesto o crecente interese pola práctica dos bolos celtas. Durante o encontro, o alcalde fixo entrega dun detalle en nome do Concello de Baiona como agradecemento ao club polo seu esforzo na preservación desta tradición.
O alcalde aproveitou a ocasión para felicitar aos xogadores polas súas conquistas e destacou o valor da tradición dos bolos, que clubs como o de Medialdea están a manter viva. Subliñou que os logros destes deportistas non só son a nivel galego, senón tamén nacional.
Así mesmo, Jesús Vázquez Almuiña expresou a súa gratitude pola existencia de clubs como este na vila, que non só transmiten cultura, senón que tamén promoven o nome de Baiona alí onde se presentan, levando a súa cultura e tradición a diferentes ámbitos.




