O suceso ocorreu na mañá deste domingo, cando o servizo de emerxencias recibiu o aviso dun particular sobre as 12.00 horas. Segundo a información facilitada, o home atopábase inconsciente nunha zona de complicado acceso, o que requiriu a mobilización de diversos efectivos.
Activáronse o 061, os Bombeiros do Morrazo, o GES de Val Miñor, a Garda Civil e Protección Civil de Val Miñor. As primeiras hipóteses apuntan a que o escalador non realizou correctamente o nudo da corda, provocando a súa caída mentres o seu compañeiro o aseguraba.
Inicialmente, os bombeiros planearon o rescate mediante porteo, pero a gravidade das lesións do ferido fixo necesaria a intervención do helicóptero Pesca II de Gardacostas de Galicia para o seu traslado urxente a un centro hospitalario.




