A situación actual reflicte un descenso de 22,4 puntos porcentuais respecto ao mesmo período do ano anterior. Ante este escenario, a administración local activou un bando oficial para priorizar o abastecemento domiciliario como servizo público esencial e evitar o desabastecemento.
As medidas adoptadas inclúen a prohibición estrita de utilizar a rede municipal para regar hortas, xardíns ou zonas verdes, tanto públicas como privadas. Así mesmo, queda vetado o enchido de piscinas, o lavado de vehículos particulares e o baldeo de garaxes, terrazas ou beirarrúas. As fontes ornamentais tamén cesarán a súa actividade, salvo aquelas que operen mediante circuítos pechados.
Ademais das prohibicións, o goberno local instou á cidadanía a reparar fugas nas súas instalacións e a optimizar o uso dos electrodomésticos. Pola súa banda, o consistorio suspendeu o funcionamento de duchas e lavapés nas praias e empregará métodos alternativos á rede de auga potable para as tarefas de limpeza viaria.




