O suceso tivo lugar ás 06:56 horas, cando se alertou dun accidente de tráfico na mencionada vía. O vehículo saíuse da calzada, provocando feridas de carácter leve no seu ocupante.
Aínda que non foi necesaria a excarceración da vítima, esta foi trasladada ao Hospital de O Barco para unha valoración máis exhaustiva do seu estado. Ao lugar do sinistro desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, o GES de Valdeorras e a Garda Civil de Tráfico para atender a emerxencia e regular a circulación.




