O documento, publicado no Diario Oficial de Galicia, conclúe que o proxecto non xerará impactos significativos na contorna, sempre que se cumpran as medidas correctoras establecidas en materia de mobilidade, saneamento e abastecemento.
A actuación abrangue unha superficie total de 437.812 metros cadrados. Desta extensión, a maior parte, 351.850 metros cadrados, correspóndense co sector industrial Monte Vello, mentres que o resto destínase a zonas verdes e sistemas viarios.
O deseño urbanístico contempla unha nova malla viaria que inclúe unha glorieta de acceso desde a estrada AC-404 e unha conexión directa co polígono industrial xa existente na zona. O proxecto tamén prevé parcelas para equipamentos con edificacións de baixa altura.




