A vítima foi atendida inicialmente no centro médico da localidade e posteriormente trasladada a Santiago para recibir atención especializada. O suceso tivo lugar pouco antes das 11:00 horas.
O accidente produciuse na rotonda que conecta a Rúa do Progreso (N-547) coa AC-840, unha zona neurálxica da vila. A densidade do tráfico na área viuse agravada pola celebración das festas locais, segundo informaron fontes de Protección Civil.
Ao lugar do sinistro desprazáronse efectivos da Garda Civil, Tráfico, Policía Local e Protección Civil, ademais de Urxencias Sanitarias, para xestionar a emerxencia e regular o tráfico na zona afectada.




