A programación inclúe medio cento de propostas que buscan dinamizar a vila. Durante estas tres xornadas, as rúas contarán con pasarrúas musicais, danzas, animación itinerante e representacións teatrais a cargo de diversas compañías. Ademais, habilitarase un espazo infantil con xogos tradicionais e unha exposición dedicada aos antigos oficios.
O evento coincidirá coa celebración do Mercamelide na Rúa, reforzando así o papel do comercio local. A oferta cultural complétase con espectáculos nocturnos de lume e malabares, que terán lugar durante as noites do venres e o sábado.
As actividades comezarán o venres 7 de agosto ás 19.00 horas. O sábado e o domingo, a programación estenderase durante toda a xornada, combinando actuacións de rúa e música tradicional. O peche do mercado está previsto para o domingo ás 21.45 horas cun pasarrúas final.




