A Consellería do Medio Rural informou da extinción do lume, que se iniciou ás 06,40 horas de onte. Para a súa extinción mobilizáronse un total de 1 técnico, 8 axentes, 24 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.
A Consellería recorda a importancia de alertar sobre calquera lume forestal chamando ao número gratuíto 085. Tamén se dispón da aplicación ALume para avisar sobre incendios activos e dun teléfono anónimo (900 815 085) para denunciar actividades delituosas incendiarias.
Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta de X @incendios085.




