Esta achega económica financiará o Servizo de Lanzadeira a Santa Cristina, co obxectivo de facilitar o acceso a este enclave patrimonial, promover unha mobilidade sostible e contribuír á conservación do contorno natural.
A actuación reforza o compromiso do Concello de Parada de Sil cun modelo turístico responsable, que favoreza a conservación do medio, a posta en valor do patrimonio histórico e cultural e o desenvolvemento económico local.




