Veciños da zona de Santa Leocaia e Goberno, no municipio de Castro de Rei, expresaron o seu malestar pola persistencia dun vertedoiro incontrolado nun antigo campo de tiro, que aínda se atopa en uso. Reclaman ao Concello a retirada de toda a basura "canto antes".
A acumulación de escombros, maleza, plásticos e incluso algún electrodoméstico ocupa ao redor de 3.000 metros cadrados. Entre os residuos atópase tamén unha antiga cisterna de alquitrán abandonada dende hai anos. Os veciños aseguran ter posto esta situación en coñecemento das autoridades locais en varias ocasións.
Solicitan que, se o Concello non dispón dos medios necesarios para a súa eliminación, se pida axuda á Consellería de Medio Ambiente para pór fin a esta problemática que, segundo apuntan, prolóngase dende hai anos.
“"É unha actitude reprobable que xente sen autorización se dedique a depositar alí maleza. Cónstanos que é xente da propia parroquia a que se dedica a botar a basura. Teremos que tomar algún tipo de medida, incluso sancionadora, para acabar con isto. Porque, ademais, cando empeza a tirar un, alá van todos."
Dende o Concello de Castro de Rei confirmaron que son coñecedores da situación e que procederán á limpeza da finca nos próximos días. O alcalde, Francisco Balado, cualificou de "actitude reprobable" o depósito de maleza por parte de persoas sen autorización, atribuíndo esta práctica a "veciños da zona".
O rexedor engadiu que se tomarán medidas, incluso sancionadoras, para erradicar esta práctica, xa que a acumulación de novos residuos é constante e a presenza dunha competición de tiro prevista para este venres na mesma finca agrava a situación.




