As obras, que abranguen dende o quilómetro 0,675 ata o 6,245, inclúen a limpeza de cunetas para optimizar o drenaxe, o tratamento do firme con aglomerado en quente e a renovación da sinalización vertical e horizontal.
Dende o ente provincial subliñan a importancia desta vía, que cualifican de "fundamental para a mobilidade interna do municipio". Serve de enlace entre barrios e coa Nacional 634, sendo unha infraestrutura esencial para os desprazamentos diarios da veciñanza e para o acceso ás explotacións agrogandeiras da zona.
Esta actuación enmárcase no compromiso do goberno provincial coa mobilidade, entendendo que as comunicacións son unha ferramenta clave para apoiar a actividade económica, especialmente nos sectores agrogandeiro, forestal e turístico.
A rede de estradas de titularidade provincial suma máis de 4.200 quilómetros, unha das máis extensas de España, cuxo mantemento se considera estratéxico para vertebrar o conxunto da provincia.




