A iniciativa, impulsada pola Fundación Santa María la Real e cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e a Fundación Mapfre, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello da Estrada. Tras unha primeira edición na que participaron máis de 50 mulleres, esta nova convocatoria busca mellorar a empregabilidade no medio rural.
O programa está destinado a mulleres maiores de 18 anos en desemprego da provincia de Pontevedra, de calquera nivel formativo. Terán prioridade as desempregadas de longa duración e aquelas que se atopan nesta situación tras un parón profesional dedicado á maternidade ou ao coidado de familiares.
As sesións desenvolveranse en formato semipresencial, combinando actividades presenciais nun local cedido polo Concello e sesións online. O itinerario inclúe a actualización de currículum, preparación de entrevistas, desenvolvemento de competencias dixitais e transversais, e a valorización das habilidades adquiridas nos coidados.
Ademais, haberá contacto directo co tecido empresarial local mediante encontros de 'speed dating'. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude a través da web [www.entrenaempleo.org/es/inscribete](http://www.entrenaempleo.org/es/inscribete) ou contactando coa técnica do programa no teléfono 621 269 545 ou no correo stemes@santamarialareal.org.




