Os traballos permitiron mellorar o estado de conservación desta vía municipal, que presentaba un pavimento envellecido e deteriorado pola acción da auga e dos axentes meteorolóxicos, afectando á regularidade da superficie de circulación para vehículos e peóns.
A intervención centrouse na rehabilitación superficial do firme, mediante a limpeza e preparación da plataforma, a reparación de zonas deterioradas e a aplicación dunha nova capa de rodadura de asfalto de cinco centímetros de espesor. Tamén se axustaron as tapas de rexistro á nova rasante e realizouse a sinalización horizontal.
Belén do Campo destacou a importancia de colaborar cos concellos para mellorar as infraestruturas municipais e garantir que a veciñanza dispoña de vías en condicións axeitadas de seguridade e funcionalidade, facilitando a mobilidade diaria e a prestación de servizos.
A actuación en Eo dos Menecos enmárcase na colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Teo para mellorar as infraestruturas municipais.




