O Consello da Xunta deu luz verde á sinatura do último convenio do Plan de infraestruturas universitarias entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a USC. Con esta nova partida, complétase a achega do Goberno galego para esta infraestrutura prioritaria para a universidade.
O importe total do convenio asinado entre o Goberno galego e a USC ascende a 16,3 millóns de euros. A Xunta achega aproximadamente a metade do investimento total da Universidade neste edificio, que conta cunha estrutura modular e flexible. Dispón de espazos dedicados a aulario, biblioteca, área de goberno, administración, servizos auxiliares, laboratorios de prácticas e áreas de investigación, deseñados por uso e non por centro.
O novo edificio destaca tamén pola súa eficiencia enerxética, cunha baixa demanda e produción propia de enerxía mediante fontes renovables.
Ademais, con cargo a este plan, a USC tamén acometeu obras de mellora na Facultade de Medicina e rehabilitación na de Química.




