O encontro reuniu a representantes institucionais, persoal técnico e especialistas de España, Francia e Portugal para analizar os resultados acadados ao longo do proxecto, as liñas de traballo desenvolvidas e reflexionar sobre o futuro das rutas xacobeas.
Abordáronse cuestións estratéxicas como a accesibilidade, a inclusión, a adaptación ao cambio climático, a sustentabilidade e a mellora dos modelos de xestión. Tamén se compartiron experiencias doutros itinerarios culturais e avanzouse na definición dunha estratexia transnacional.
Destaca a creación dun modelo transnacional para a xestión dos Camiños, articulado arredor da dixitalización, os Grupos Locais de Traballo e as Paradas no Camiño, espazos de acollida e información para peregrinos.
O proxecto tamén elaborou informes sobre análises socioeconómicos, estudos sobre o cambio climático e traballos relacionados coa accesibilidade.
Esta iniciativa, en marcha desde 2024, busca avanzar cara a un modelo compartido de xestión e información, reforzando a colaboración territorial. Os resultados poranse a disposición do público na páxina web do proxecto.
No que vai de ano, máis de 566.000 peregrinos recolleron a Compostela, un 8% máis que o ano anterior, cun 62% de procedencia estranxeira.




