A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, deu conta da publicación desta ampliación no Diario Oficial de Galicia. A dotación inicial de 2 millóns de euros xa fora incrementada con 300.000€, e agora engádese esta nova achega para atender a demanda de solicitudes.
A conselleira visitou en Moraña (Pontevedra) a unha beneficiaria desta liña de axudas, Laura, de 22 anos, na súa nova vivenda adquirida este ano coa que recibiu unha achega de 15.000 euros.
O incremento orzamentario, financiado con fondos autonómicos, busca facilitar a emancipación das persoas mozas mediante o acceso á propiedade ou á autopromoción de vivendas nestes concellos. A contía destas axudas pode acadar ata un máximo de 15.000€.
Esta modificación non require a apertura dun novo prazo para presentar solicitudes.




