A USC pon a disposición da súa comunidade e da cidadanía unha extensa oferta deportiva para o curso 2026/2027. As actividades abarcan dende propostas acuáticas, sendeirismo, aprendizaxe de múltiples modalidades deportivas, ata diversas opcións de aeróbic, acondicionamento físico, benestar e lecer.
O prazo de matrícula para a categoría A (comunidade universitaria da USC, parellas e fillos/as de persoal, e persoal xubilado) ábrese o 1 de setembro ás 9:00 horas. Posteriormente, o 8 de setembro, tamén dende as 9:00 horas, iniciará a inscrición para o resto da cidadanía (categorías B e C).
Entre as novidades deste ano destaca a creación de escolas deportivas no Campus de Santiago de Compostela, con disciplinas como forza express e dance fitness. Ademais, incorpórase un novo espazo deportivo no Campus de Lugo, situado no baixo da Residencia Bal e Gay. Esta instalación conta cunha sala de acondicionamento físico e outra polivalente para actividades dirixidas, onde se impartirán novidades como barre fit ou body pump para a categoría A.
Toda a información sobre a oferta deportiva completa, o calendario de actividades e o procedemento de inscrición está dispoñible na páxina web do Área Deportiva da USC.




