Esta iniciativa, financiada pola Unión Europea–NextGenerationEU a través do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Condado Paradanta Destino Enogastronómico”, tivo un orzamento de 142.668,82 euros (IVE incluído) e foi xestionada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga.
A ruta 'CALLOS E VIÑO EN RUTA' articula un itinerario peonil sinalizado que conecta diversos puntos de interese enogastronómicos e establecementos locais. O seu obxectivo principal é ofrecer aos visitantes unha experiencia turística estruturada que permita coñecer o territorio e, á vez, dinamizar a actividade económica ligada á gastronomía e á produción local.
“"Seguimos traballando na nosa rede de sendas, unha das nosas sinais de identidade turística. Con esta nova proposta conseguimos xuntar callos, hostelería, turismo, viño e dinamización comercial. Somos un Concello cheo de vida e esta nova ruta é un novo atractivo."




