Mañá, martes 14 de xullo, darán comezo as obras para a instalación dun paso de peóns na rúa das Rodas. Estes traballos suporán o corte total da circulación nesta rúa ata finais do mes de agosto.
O corte afectará á Porta do Camiño, en sentido subida, e ao cruzamento da rúa de San Roque coa rúa de Valle Inclán, en sentido baixada. Como alternativa, durante este mes e medio, todo o tráfico que habitualmente pasaba pola rúa das Rodas será desviado á rúa de Valle Inclán, que se converterá nunha vía de dobre sentido.
Instalarase sinalización luminosa para regular o tráfico nos puntos máis complexos para a circulación de vehículos.
“"O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar."




