A actuación, enmarcada no convenio de colaboración do plan Hurbe entre a Xunta e o Concello de Poio, céntrase na conservación e mellora do estacionamento e viarios adxacentes para reforzar este espazo como nó de conexión comercial e urbano.
As obras, que se desenvolven na parroquia de San Salvador, inclúen a rehabilitación do firme, o acondicionamento das beirarrúas e a eliminación de barreiras arquitectónicas. O obxectivo é crear unha contorna máis segura, accesible e visualmente homoxénea, garantindo a continuidade dos itinerarios peonís e de vehículos nunha zona de elevada actividade comercial e de servizos.
A contorna da Ponte da Barca forma parte da estrutura viaria principal e conecta coa PO-308, sendo un espazo de gran relevancia para a mobilidade local, con presenza continua de tráfico rodado e peonil.




