A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Corcubión, Francisco Xabier Domínguez Traba. O encontro tivo lugar esta mañá no edificio administrativo da Xunta na Coruña.
Na xuntanza tamén participou a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire. Durante a mesma, a conselleira detallou as liñas de axudas ás que pode acollerse o concello de Corcubión, tanto en materia de vivenda como de infraestruturas.
O departamento que dirixe M. Allegue subliñou o seu compromiso de seguir prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.




