O contrato, cunha duración inicial de dous anos prorrogable por dous máis, ten como finalidade contribuír a incrementar as taxas de reciclaxe en Galicia e evitar a vertedura deste material. A pesar de que os envases de vidro deberían ser depositados nos iglús correspondentes, aínda chegan cantidades significativas deste material ao Complexo Medioambiental de Cerceda.
Tras o tratamento da bolsa negra mediante segregación automática, aínda queda vidro no rexeitamento resultante que pode ser recuperado para distintos usos. Este material incrementa substancialmente o peso da bolsa negra que os concellos entregan nas instalacións de Sogama, afectando o importe da factura.
A entidade autonómica lembra que o vidro é un material 100% reciclable, e que dun envase pódese obter outro de idénticas características sen perder propiedades. Se os concellos depositasen correctamente o vidro nos iglús, non só pagarían menos a Sogama, senón que tamén recibirían ingresos por parte das entidades recicladoras.




